lunes, 4 de enero de 2016

Liga, xornada 18: Málaga 2 - Celta 0

O Celta empeza o ano igual que o terminou, cunha derrota ante o Málaga (2-0) nun mal partido, tanto dos xogadores como do corpo técnico.
Pablo Hernández cabecea fóra nun lance do partido [Foto AFP]
Aos 8 minutos saque de esquina do Málaga, que Charles remata de cabeza ao fondo da rede tras un fallo de Rubén na saída e tamén da defensa. No minuto 20 ocasión moi clara de Orellana que remata mal. O Celta non carburaba, xa que o experimento de Berizzo con Sergi Gómez de mediocentro non funciona. Aos 26 minutos repítese a xogada do primeiro gol, fallo de Rubén na saída e do defensa e segundo gol do Málaga. Remate frouxo de Pablo Hernández de cabeza tras estorbarlle Iago Aspas. No minuto 41 a xogada máis clara do partido, pase co exterior de Orellana desde a esquerda para Iago Aspas que deixa coa cabeza para Wass que remata ao traveseiro. No minuto 56 Jonny retirábase por Bongonda. O Málaga perdoaba o terceiro. Aos 64 minutos penalti de Rubén e expulsión (moi rigorosa) do colexiado, abandonaba o terreo de xogo Señé para darlle paso a Sergio que paraba o penalti. No 78 Radoja entraba por Planas. O Málaga puido marcar algún outro gol pero o marcador non se moveu.

FICHA:
[2] Málaga C.F.: Kameni, Rosales, Albentosa, Weligton, Boka, Camacho, Recio, Juanpi (Duda, 81'), Amrabat, Čop (Pablo, 61') e Charles (Ontiveros, 88').
[0] Celta de Vigo: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Jonny (Bongonda, 56'), Planas (Radoja, 78'); Sergi Gómez, Wass, Pablo Hernández; Orellana, Iago Aspas e Señé (Sergio, 64').
Colexiado: Vicandi Garrido, mal. Amonestou a Amrabat, Recio, Camacho e Charles polo Málaga e a Cabral e Pablo Hernández polo Celta, expulsou a Rubén (64') con tarxeta vermella.
Goles: 1-0, Charles (8'). 2-0, Albentosa (26').
Estadio: A Rosaleda, 17.635 espectadores.
Notas:
  • Rubén [2]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [5'5]
  • Jonny [4]
  • Bongonda [4'5]
  • Planas [3'5]
  • Radoja [5]
  • Sergi Gómez [4'5]
  • Wass [5'5]
  • Pablo Hernández [5]
  • Orellana [5'5]
  • Iago Aspas [6'5]
  • Señé [5]
  • Sergio [6]

No hay comentarios:

Publicar un comentario