lunes, 4 de enero de 2016

Liga, xornada 17: Celta 0 - Athletic 1

O Celta termina o ano con derrota en casa ante o Athletic de Bilbao (0-1) e abandona o cuarto posto que daba acceso á Liga de Campións.
Xogado do gol do Athletic [Foto Jorge Landín. Marca]
A primeira metade foi moi igualada pero de dominio celeste. Aos 19 minutos centro de Wass, control de peito de Iago Aspas que volve centrar e o remate de cabeza de Orellana o atrapa Iraizoz. No minuto 35 gran remate de Jonny desde fóra da área que volve parar Iraizoz. A xogada polémica foi aos 41 minutos, Wass busca un balón dentro da área e Laporte desenténdese da xogada e derrúbao cometendo penalti clarísimo que o colexiado non pita. Co 0-0 chegabamos ao descanso. A segunda parte seguiu o camiño do primeira pero cun Athletic que salia máis á contra e cortaba todos os ataques celestes con faltas e perdidas de tempo. Wass tentouno cun lanzamento de falta que se estrelou contra a barreira. No minuto 57 avisaba Raúl García estrelando o seu disparo no traveseiro tras unha boa contra. Tres minutos despois Aduriz probou a Sergio. No minuto 71 Orellana perde un balón no seu campo, contra rápida de Aduriz que pasa a Raúl García e este só ante Sergio báteo con clase (0-1). No minuto 75 Guidetti entraba por Pablo Hernández. Disparo alto de Wass. Augusto abandona o campo por Radoja no minuto 77. Dous minutos despois jugadón de Orellana que pasa a Hugo Mallo e o seu disparo estrélase no pau. Gran pase de Bongonda que non atopa rematador. No 87 Drazic entraba por Bongonda.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral, Jonny; Augusto (Radoja, 77'), Pablo Hernández (Guidetti, 75'); Wass, Orellana, Bongonda (Drazic, 87'); e Iago Aspas.
[1] Athletic de Bilbao: Iraizoz, Laporte, San José, Balenziaga, Merino (Muniaín, 59'), De Marcos, Beñat, Etxeita, Raúl García, Williams (Eraso, 77') e Aduriz (Sola, 87').
Colexiado: Pérez Montero, mal. Amonestou a Cabral, Bongonda e Radoja polo Celta e a San José, Laporte, Beñat e Iraizoz polo Athletic.
Goles: 0-1, Raúl García (71').
Estadio: Balaídos, 19.157 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [7]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Cabral [7]
  • Jonny [5]
  • Augusto [4'5]
  • Radoja [5'5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Guidetti [5]
  • Wass [6]
  • Orellana [6'5]
  • Bongonda [5]
  • Drazic [-]
  • Iago Aspas [6]

No hay comentarios:

Publicar un comentario