lunes, 11 de mayo de 2015

Liga, xornada 36: Celta 1 - Sevilla 1

Un Celta moi superior ao Sevilla empata e di prácticamente adeus ás súas opcións de xogar a Europa League a tempada que vén.
Santi Mina tras tranformar o penalti [Foto AFP]
O Celta dominaba o Sevilla pero aos 8 minutos nunha boa xogada de Iago Aspas el Sevilla poñía o 0-1 no marcador. O Sevilla encerrábase na súa área e saía á contra e nun erro de David Costas case marcan o 0-2 pero Sergio realiza un paradón. A primeira ocasión clara do Celta foi nun remate de cabeza de Charles tras un centro de Santi Mina pero o remate sae fóra. Outro remate de cabeza desviado, esta vez de Pablo Hernández a centro de Orellana. No último minuto o Sevilla estrelou un balón no pau tras o único erro de Fontás. A segunda parte comezou igual que a primeira, domino do Celta e contras do Sevilla. No minuto 58 o colexiado pitaba penalti por unha labazada na cara a Charles, incrible que piten este penalti, que Santi Mina se encarga de marcar cunha tranquilidade dun xogador veterano. Falta directa de Pablo Hernández que roza o lateral da rede. Contra rápida do Sevilla que Sergio despexa a saque de esquina cunha boa parada. Gran disparo de Orellana dende dentro da área que despexa o meta visitante con outra boa parada. Aos 75 minutos Bongonda entraba por Charles e no 84 Madinda por Pablo Hernández. Gran xogada de Orellana no tempo de desconto pero o seu centro dende a liña de fondo dentro da área despéxao a defensa andaluza.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Sergi Gómez, Costas, Fontás, Jonny; Augusto, Kronh-Dehli; Santi Mina, Pablo Hernández (Madinda, 84'),  Orellana; e Charles (Bongonda, min.75').
[1] Sevilla F. C.: Sergio Rico, Diogo (Aleix Vidal, 67'), Arribas, Coke, Kolo, Navarro, Krichowiak, Iborra, Denis Suárez (Vitolo, 73'), Iago Aspas (Bacca, 60') e Gameiro.
Colexiado: Velasco Carballo, regular. Amonestou a Augusto, Santi Mina e Costas polo Celta e a Coke, Iago Aspas, Sergio Rico, Krychowiak e Arribas polo Sevilla.
Goles: 0-1, Gameiro (8'). 1-1, Santi Mina, de penalti (58').
Estadio: Balaídos, 18.957 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Costas [6'5]
  • Fontás [6'5]
  • Jonny [6'5]
  • Augusto [7]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Santi Mina [8]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Madinda [-]
  • Orellana [7'5]
  • Charles [6]
  • Bongonda [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario