lunes, 13 de abril de 2015

Liga, xornada 31: Celta 6 - Raio 1

O Celta esnaquiza ao Raio Vallecano cunha goleada de escándalo (6-1), con dous goles de Larrivey e catro de Santi Mina.
Santi Mina festexando o seu cuarto gol [Foto Xoan Carlos Gil]
Primeiro minuto, fallo da defensa e gol do Raio. Aos cinco minutos paradón de Sergio, salvando o segundo. Orellana pasa a Nolito, este faille un cano ao defensa e o seu pase dende a liña remátao ao fondo das mallas Larrivey (1-1). Outra gran xogada de Nolito no borde da área que cede a Santi Mina e este bate ao meta visitante (2-1). Outra gran xogada de Nolito pero o seu remate o para o porteiro. Orellana para Santi Mina que centra Nolito remata, despexa o porteiro e Larrivey marca o terceiro (3-1). Gran pase de Krohn-Dehli para Santi Mina que marca o 4-1. Nada máis comezar a segunda parte Nolito puido marcar o quinto pero a súa vaselina sae por enriba do longueiro. Xogadón de Orellana que se vai en carreira e o seu centro dende a linea o remata de cabeza Santi Mina marcando o 5-1. Larrivey puido asinar un hat trick pero o seu remate no man a man co porteiro, este o para. Outra asistencia de Nolito para Santi Mina que regatea o porteiro e marca o seu cuarto gol e sexto do partido. No minuto 61 Augusto deixaba o campo por Álex López. Outro centro de Nolito que remata de cabeza Larrivey despexando a corner o meta visitante. No minuto 70 Bongonda entraba por Santi Mina e tres minutos despois Charles entraba por Larrivey. Despexe de Sergio a saque de esquina tras un bo disparo dun atacante visitante. Final en Balaídos e goleada histórica.

FICHA:
[6] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto (Álex López, 61'), Krohn-Dehli; Santi Mina (Bongonda, 70'), Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, 73').
[1] Raio Vallecano: Toño, Embarba, Amaya, Zé Castro, Jozabeb, Abdoulaye (Nacho, 27'), Trashorras, Kakuta (Miku, 73'), Licá (Tito, 27'), Bueno e Manucho.
Colexiado: Clos Gómez, ben. Amonestou a Augusto polo Celta e a Trashorras polo Raio.
Goles: 0-1, Manucho (1'). 1-1, Larrivey (5'). 2-1, Santi Mina (20'). 3-1, Larrivey (36'). 4-1, Santi Mina (39'). 5-1, Santi Mina (50'). 6-1, Santi Mina (56').
Estadio: Balaídos, 16.633 espectadores. Antes do partido realizouse un homenaxe ao Kayak Tudense, campión de España por décimo ano consecutivo.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Hugo Mallo [6'5]
  • Cabral [7]
  • Fontás [7]
  • Jonny [7]
  • Augusto [7'5]
  • Álex López [6]
  • Krohn-Dehli [8'5]
  • Bongonda [6]
  • Santi Mina [10]
  • Orellana [8'5]
  • Nolito [9'5]
  • Larrivey [8]
  • Charles [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario