lunes, 6 de abril de 2015

Liga, xornada 29: Celta 0 - Barcelona 1

Un gran Celta planta cara ao líder, que gaña gracias a un gol en xogada ensaiada, onde os primeiros 45 minutos foron de dominio absoluto do equipo vigués.
Nolito e derribado por Bravo [Foto J. J. Landín]
A primeira ocasión do partido foi para Larrivey tras pase de Nolito, pero o seu disparo despéxao Bravo cunha gran parada. O Barcelona só creou unha ocasión de perigo en toda a primeira metade nun remate de Messi que despexa Sergio realizando un paradón. Gran pase para Orellana que se planta diante de Bravo e o bate pero o árbitro anula o gol por fóra de xogo moi dubidoso. Cando se cumpría a media hora penalti de Bravo sobre Nolito que o colexiado non pita. Outro gol anulado, agora a Larrivey por fóra de xogo de Orellana. Gran pase de Nolito para Orellana que centra de primeiras e Larrivey dentro da área precipítase e o seu remate sae moi alto. Final da primeira parte. A segunda parte comeza con gol anulado a Neymar por fóra de xogo moi dubidoso. O Barcelona sabendo que se xogaba parte da liga dominaba e tivo outra ocasión de Messi que sae fóra. Ocasión para Nolito que recorta a Alves e o seu remate vaise fóra. No minuto 67 Krohn-Dehli deixaba o seu sitio a Radoja e dous minutos despois Charles entraba por Larrivey. Charles tivo unha clara ocasión pero Piqué se cruzou moi rápido. A seguinte ocasión foi para Hugo Mallo. O gol do Barcelona chegou no saque dunha falta que remata de cabeza fusilando a Sergio, era o minuto 74. No minuto 83 Santi Mina saltaba ao terreo de xogo por Pablo Hernández. O Barcelona dedicábase a perder tempo e a tres minutos para o final Busquets tarda demasiado en sacar unha falta e Orellana perde os papeis e tíralle un anaco de céspede e o catalán como acostuma quéixase coma se lle tirasen unha pedra, o árbitro expulsa a Orellana. Messi puido marcar o segundo. O Celta intentouno ata o final pero sen sorte.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, 67'); Orellana, Pablo Hernández (Santi Mina, 83'), Nolito; e Larrivey (Charles, 69').
[1] F. C. Barcelona: Bravo, Dani Alves, Piqué, Mathieu, Adriano, Busquets, Iniesta (Pedro, 73'), Rafinha (Xavi, 57'), Neymar, Messi e Luis Suárez (Rakitic, 86').
Colexiado: Vicandi Garrido, mal. Amonestou a Kronh-Dehli e expulsou a Orellana (87') polo Celta e amonestou a Luis Suárez e Busquets polo Barcelona.
Goles: 0-1, Mathieu (74').
Estadio: Balaídos, 23.759 espectadores. Antes do partido homenaxearon ao piragüista galego David Cal que realizou o saque de honra desde o centro do campo.
Notas:
  • Sergio [6'5]
  • Hugo Mallo [7'5]
  • Cabral [6]
  • Fontás [6]
  • Jonny [7]
  • Augusto [7'5]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Radoja [5'5]
  • Orellana [5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Santi Mina [-]
  • Nolito [7'5]
  • Larrivey [6]
  • Charles [6]

No hay comentarios:

Publicar un comentario