lunes, 16 de marzo de 2015

Liga, xornada 27: Celta 1 - Athletic 2

Outro penalti inexistente (isto xa cheira a podre) e outro erro defensivo a balón parado volven condenar o Celta, que suma dúas derrotas seguidas.
O colexiado (Mateu Lahoz) outra vez tivo que ser o protagonista do encontro [www.farodevigo.es]
A primeira ocasión do partido foi un disparo alto de Álex López e outro moi frouxo tamén de Álex López dende a frontal da área. No minuto 16 o árbitro internacional (di moito do nivel da arbitraxe nesta liga se este personaxe é internacional), Mateu Lahoz, converte unha carga legal nun penalti, primeiro dá saque de porta e logo cambia, pitando a pena máxima transformada por Aduriz (1-0). Tras o gol o Celta saliuse do partido e Aduriz puido marcar o segundo tras deixar sentado a Cabral pero Sergio saca un pé prodixioso despexando a corner. Disparo alto de De Marcos. Cando se cumpría a media hora de partido o Athletic bota un saque de esquina, Aduriz salta máis que Cabral e Hugo Mallo e o seu remate estrelase contra o longueiro e no rexeite San José totalmente só dentro da área bate a Sergio poñendo o 0-2 no electrónico. Ata o descanso o Celta apenas creou perigo. Na reanudación o Celta buscaba o gol con insistencia. No minuto 58 Santi Mina entraba ao campo por Álex López e nada máis pisalo vaise do defensa cun gran regate, e dentro da área o seu remate despéxao Iraizoz. Outro remate de Santi Mina de cabeza que sae alto. Nolito saca unha falta para Orellana, este centra e Larrivey remata de cabeza dentro da área pequena marcando o 1-2, era o minuto 63. A 20 minutos para o final, o "gran árbitro" perdóalle a segunda amarela a Beñat. O Celta seguía dominando. No minuto 84 o "super mega colexiado" expulsaba a San José por dobre amoestación (ninguén entende o criterio deste personaxe para non expulsar a Beñat e si a San José), un minuto despois Bongonda saltaba ao campo por Hugo Mallo. O Athletic puido sentenciar pouco despois pero remata fóra con todo para marcar. No minuto 89 Pablo Hernández entraba por Cabral. A última ocasión foi de Larrivey cun remate de cabeza que sae fóra. Final e esperemos ter mellor sorte cos "sinvergonzas de negro" nas próximas xornadas, aínda que o dubido.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Bongonda, 85'), Cabral (Pablo Hernández, 89'), Fontás, Jonny; Augusto, Krohn-Dehli, Álex López (Santi Mina, 58'); Orellana, Nolito e Larrivey.
[2] Athletic de Bilbao: Iraizoz, De Marcos, Etxeita, Laporte, Balenziaga, San José, Beñat, Ibai (Iturraspe, 62'), Muniain, Williams (Susaeta, 87') e Aduriz (Guillermo, 56').
Colexiado: Mateu Lahoz, penoso. Amonestou a Augusto, Krohn-Dehli e Orellana polo Celta e a De Marcos, Beñat e Susaeta polo Athletic, e expulsou por dobre amonestación a San José (84').
Goles: 0-1, Aduriz de penalti (17'). 0-2, San José (31'). 1-2, Larrivey (63').
Estadio: Balaídos, 18.656 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [5]
  • Bongonda [-]
  • Cabral [4]
  • Pablo Hernández [-]
  • Fontás [5]
  • Jonny [6]
  • Augusto [4'5]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Álex López [4'5]
  • Santi Mina [7]
  • Orellana [6'5]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [6]

No hay comentarios:

Publicar un comentario