lunes, 10 de noviembre de 2014

Liga, xornada 11: Celta 0 - Granada 0

O Celta non pode co Granada en Balaídos e suma un punto tras empatar a ceros. Sergio suma catro partidos, terceiro seguido, coa portería a cero.
Os xogadores o remate do encontro
O partido foi moi igualado, como todos os partidos contra un equipo de Caparrós, e a primeira ocasión foi un gol anulado a Sergi Gómez por fóra de xogo claro. Tras un erro do meta visitante que regalalle o balón a Pablo Hernández e este lanza unha vaselina fóra coa portería baleira. Sergi Gómez tivo outra ocasión moi clara tras un remate de cabeza que despexa Roberto cunha gran intervención. Cesión inexistente que pita o colexiado e o lanzamento de Orellana dá contra a barreira e o seguinte sae fóra. Outro remate de Orellana tras xogada individual que para Roberto. A primeira ocasión da segunda metade foi para Larrivey que controla dentro da área un pase de Krohn-Dehli, revolvese e o seu disparo sae fóra. A primeira ocasión do Granada foi moi clara pero o disparo sae fóra. Nolito tamén o intentou cun disparo tras pase de Krohn-Dehli que Roberto volve a parar. No minuto 63 Augusto entraba por Pablo Hernández. Tras un mal pase de Jonny o Granada recupera o balón e plántase só diante de Sergio, regatéao e o seu remate despéxao Cabral na liña de gol. Sergi Gómez abandona o partido por lesión no minuto 71, entraba Fontás. O partido tivo ocasións polos dous lados. No minuto 85 Álex López entraba por Hugo Mallo. Erro da defensa do Granada que aproveita Orellana e o seu remate despéxao Roberto. Final en Balaídos.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Álex López, 85'), Cabral, Sergi Gómez (Fontás, 71'), Jonny; Radoja, Pablo Hernández (Augusto, 63'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey.
[0] Granada C. F.: Roberto, Nyom, Babin, Murillo, Juan Carlos, Iturra, Fran Rico, Foulquier, Sissoko (Márquez, 68'), El Arabi (Success, 53') e Córdoba (Rochina, 61').
Colexiado: Estrada Fernández, regular. Amonestou a Orellana polo Celta e a Iturra, Juan Carlos, Fran Rico e Nyom polo Granada.
Goles: 0-0.
Estadio: Balaídos, 17.023 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Álex López [-]
  • Cabral [6'5]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Fontás [5'5]
  • Jonny [5'5]
  • Radoja [7]
  • Pablo Hernández [5'5]
  • Augusto [5'5]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Orellana [6'5]
  • Nolito [6'5]
  • Larrivey [6'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario