jueves, 13 de noviembre de 2014

Javi López novo adestrador do Celta "B"

Javi López novo adestrador do filial tras a destitución de Fredi.
Javi López
Francisco Javier López Castro, Javi López (03-03-1964, Barcelona) comezou a súa carreira de adestador no C. D. Onda durante 2 tempadas, ao que ascendeu a Segunda División B. Despois adestrou ao Cidade de Murcia e ao Novelda. Ascendeu a Segunda División ao Castellón e á U. D. Salamanca. A súa carreira a completa na Segunda División onde tamén adestrou ao Tarragona, Alavés, Recreativo, Xerez ao que estivo a punto de metelo na liguilla de ascenso a Primeira División, ao Cartaxena e ao Xirona.
Traxectoria:
  • C.D.Onda [2000 - 2002]
  • Cidade de Murcia [2002 - 2003]
  • Novelda [2003 - 2004]
  • Castellón [2004 - 2005]
  • Salamanca [2005 - 2007]
  • Tarragona [2007 - 2008]
  • Alavés [2009]
  • Recreativo [2009 - 2010]
  • Xerez [2010 - 2011]
  • Cartaxena [2011]
  • Xirona [2013 - 2014]

No hay comentarios:

Publicar un comentario