domingo, 19 de octubre de 2014

Liga, xornada 8: Athletic 1 - Celta 1

O Celta suma un punto en San Mamés (1-1) e continua sen perder lonxe de Balaídos e en postos de Europa League.
Orellana foi un pesadelo para a defensa do Athletic
O partido comezou cun Athletic envorcado cara á área do Celta e aos 5 minutos o colexiado sinalou penalti por man inexistente de Sergi Gómez tras remate de cabeza de Aduriz, que o propio dianteiro vasco transformou enganando a Sergio. A continuación internada pola outra banda con remate desviado do Athletic. O Celta só chegaba con pases longos de Nolito para Orellana, moi activos durante todo o partido. Aos 22 minutos Aduriz remata só de cabeza tras un saque de esquina e Sergio saca unha man maxistral evitando o 2-0. O Celta puido empatar cun bo pase de Orellana para Krohn-Dehli, pero o seu centro non atopou a Larrivey. O Athletic marcaría o 2-0 pero o árbitro anúlao por saír o balón pola liña de fondo, moi dubidoso, tras confiarse Planas. O partido chegaba ao descanso con 1-0 no marcador. Nada máis empezar a segunda metade, gol ben anulado ao Athletic por fóra de xogo. Aos 59 minutos Pablo Hernández entraba por Krohn-Dehli. A seguinte ocasión de perigo foi de Aduriz que remata mal só ante Sergio. No minuto 71 Álex López deixaba o seu sitio a Charles. O Celta fíxose co control do partido e no minuto 72 gran xogada do celta con pase de Larrivey para Orellana, este abre á banda para Nolito que encara e pasa a Orellana, este devólvella e o andaluz bate a Iraizoz poñendo o 1-1 no electrónico. O canteirán Borja Fernández entraba ao terreo de xogo por Larrivey no minuto 80. A falta de 2 minutos para o final Orellana rodeado de 3 contrarios invéntase un taconazo para Pablo Hernández e este realiza un gran pase longo para Nolito que controla espectacular pero a súa vaselina sae por enriba do longueiro. No desconto o Athletic inténtouno cun lanzamento de falta que Sergio atrapa sen problemas.

FICHA:
[1] Athletic de Bilbao: Iraizoz, Iraola (Beñat, 77'), Balenziaga, Laporte, Gurpegui, Iturraspe, Mikel Rico (Toquero, 80'), De Marcos, Muniain (Ibai, 63'), Aduriz e Susaeta.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas; Radoja, Álex López (Charles, 71'), Krohn-Dehli (Pablo Hernández, 59'); Orellana, Nolito e Larrivey (Borja Fernández, 80').
Colexiado: Fernández Borbalán, mal. Amonestou a Muniain , Iraola e Iturraspe polo o Athletic, e a Planas, Charles e Orellana polo Celta.
Goles: 1-0, Aduriz de penalti (5'). 1-1, Nolito (72').
Estadio: San Mamés, uns 50.000 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7'5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6]
  • Sergi Gómez [5'5]
  • Planas [5'5]
  • Radoja [5]
  • Álex López [7]
  • Charles [5'5]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Orellana [7]
  • Nolito [7'5]
  • Larrivey [5]
  • Borja Fernández [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario