domingo, 14 de septiembre de 2014

Liga, xornada 3: Celta 2 - R. Sociedade 2

O Celta perde dous puntos ante a R. Sociedade, nun partido que comezou gañando 2-0 e que lle empataron no minuto 91 cun gol en propia meta.
Orellana tras marcar o primeiro gol
A primeira parte foi un monólogo absoluto do Celta onde a Real Sociedade só creou unha acción de perigo nos primeiros minutos onde Sergio realizou unha gran intervención nun remate de cabeza do dianterio só ao borde da área pequena. A primeira ocasión de gol clara tívoa Álex López que tras un centro de Planas dende a esquerda non acerta a rematar dentro da área con toda a porta para el. No minuto 27 centro de Krohn-Dehli dende a esquerda e perfecto remate picado de cabeza de Orellana que convertese no 1-0. Larrivey tamén de cabeza e tras un saque de esquina puido marcar o segundo gol pero o seu remate saliu fóra por moi pouco. Tamén o intentou Nolito pero o seu disparo atrapouno o meta visitante sen problemas. Co dominio celeste chegamos ao descanso. Nada máis empezar a segunda metade, no minuto 47, centro de Nolito que remata Larrivey, o seu disparo estrélase no pau e marca no rexeite, 2-0. Saque de falta lateral de Orellana e Larrivey só remata de cabeza moi brando as mans do porteiro. No minuto 65 Álex López deixa o seu sitio a Pablo Hernández e 4 minutos despois mala saída de Sergio cos pés que controla a Real Sociedade, dispara dende fóra da área, Sergio despexa e o reite o manda ao fondo da rede o dianteiro vasco. No minuto 74 Cabral retírase lesionado, entrando no seu lugar Sergi Gómez. A Real buscaba o empate e tívoo en dous remates de cabeza que saíron fóra por pouco, pero a máis clara foi cun disparo que estrelouse no pau esquerdo de Sergio. Terceiro troco no Celta, Larrivey sae e entra Charles, minuto 82. A Real seguíao intentando ata que o conseguiu no minuto 91 cun centro dende a dereita que Jonny introduce na súa porta. Un minuto despois Sergio salvou o empate cun paradón.

FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Cabral (Sergi Gómez, 74'), Fontás, Planas; Radoja, Álex López (Pablo Hernández, 65'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, 82').
[2] Real Sociedade: Zubikarai, Elustondo, Bergara (Gaztañaga, 77'), Martínez, Granero, Prieto, Vela (Chory Castro, 58'), Pardo (Agirretxe, 58'), Canales, Zaldúa e De la Bella.
Colexiado: Hernández Hernández, normal. Amonestou a Nolito polo Celta, e Canales, Zaldúa, Bergara e Agirretxe pola Real Sociedade.
Goles: 1-0, Orellana (27'). 2-0, Larrivey (47'). 2-1, Agirretxe (69'). 2-2, Jonny en propia porta (91').
Estadio: Balaídos, 19.385 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Jonny [5'5]
  • Cabral [6'5]
  • Sergi Gómez [5]
  • Fontás [6]
  • Planas [5]
  • Radoja [5'5]
  • Álex López [5'5]
  • Pablo Hernández [4'5]
  • Krohn-Dehli [7]
  • Orellana [7'5]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [7'5]
  • Charles [-]

No hay comentarios:

Publicar un comentario