sábado, 5 de julio de 2014

Carles Planas cuarta fichaxe da tempada 2014 -2015

O lateral esquerdo de 23 anos chega coa carta de liberdade do Barcelona "B" e asina por tres tempadas.
Carles Planas no seu debut co primeiro equipo do Barcelona
Carles Planas Antolínez (4-3-1991, San Celoni, Barcelona) xogou nas categorías inferiores do Barcelona dende os 10 anos. Na tempada 2009 - 2010 debutou co Barcelona "B" da man do ex adestrador do Celta Luis Enrique e a tempada pasada disputou 35 encontros, anotando un gol co filial blaugrana do tamén ex adestrador e ex xogador do Celta Eusebio Sacristán. Na tempada 2012 - 2013 debutou co primeiro equipo nun partido de Copa ante o Alavés, tamén xogou nun partido de Champions League ante o Benfica da man do recentemente falecido e ex xogador do Celta "Tito" Vilanova.
Traxectoria:
  • Barcelona "B" [2009 / 2014]
  • Barcelona [2012 / 2013]

No hay comentarios:

Publicar un comentario