miércoles, 30 de julio de 2014

Amigable (Trofeo Zona Franca): Rápido Bouzas 1 - Celta 7

O Celta golea o Rápido de Bouzas no segundo encontro da pretempada e consegue o Trofeo Zona Franca.
Os xogadores do Celta posan co Trofeo
Non tivo rival o Celta ante un combativo Rápido de Bouzas e tras uns avisos por parte de Yelko Pino e Orellana, sería Cabral de cabeza tras un saque de esquina quen abriría o marcador. Un minuto despois Yelko Pino marcaba o segundo. A continuación Charles marca tras irse de tres rivais. Logo Cabral retiraríase mancado e entraba Soto no seu lugar. O segundo tempo comezou cun equipo totalmente novo e con dous erros de Larrivey, aínda que á terceira marcou o cuarto e dous minutos despois marcaba o quinto. O Rápido de Bouzas reducía distancias pero cinco minutos máis tardes outra vez Larrivey marcaba o seu terceiro tanto e sexto do Celta. A cinco minutos do final Madinda marcaba o séptimo dende fóra da área.

FICHA:
[1] Rápido Bouzas: Ferre, Pablo Fernández, David Castro, Yago, Cotilla, Gabi Misa, Iago Paz, Antón Vilas, Oki, Jacobo e Tomás. Tamén xogaron Diego Diz, Portas, Alejandro, Chema, Sergio Santos, Maikel, Sergio Sancho, Carlos, Kiko Mintegui e Miki.
[7] Celta: Sergio (Rubén, 46'); Jonny (Hugo Mallo, 46'), Cabral (Soto, 38' / Costas, 46'), Fontás (S. Gómez, 46'), Planas (Samu, 46'); Borja Fernández (Goldar, 46'), Krohn-Dehli (Fernán, 46'), Yelko Pino (Madinda, 46'); Orellana (Jordán, 46'), Nolito (Santi Mina, 46') e Charles (Larrivey, 46').
Colexiado: David Iglesias.
Goles: 0-1, Cabral (23'). 0-2, Yelko Pino (24'). 0-3, Charles (29'). 0-4, Larrivey (62'). 0-5, Larrivey (64'). 1-5, Sergio Santos (69'). 1-6, Larrivey (74'). 1-7, Madinda (85').
Estadio: Barreiro, uns 1.200 espectadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario