lunes, 5 de mayo de 2014

Liga, xornada 36: Osasuna 0 - Celta 2

O Celta, xa salvado, gaña ao Osasuna e consegue, por primeira vez na súa historia, a súa vitoria número 8 a domicilio nunha mesma tempada en primeira división.
Nolito firmou os dous goles do Celta
O Celta avisou cun intento de vaselina de Krohn-Dehli tras un mal despexe da defensa do Osasuna. Na seguinte xogada, gran pase de Orellana para Nolito que rompe o fóra de xogo e bate o porteiro local cunha gran vaselina, ¡golazo!. O Osasuna puido empatar cun gol olímpico pero Jonny despexou de cabeza na liña de gol. A continuación Sergio realizaba unha dobre parada incrible e na seguinte xogada o Celta marcaba o 0-2, Orellana desborda pola dereita e o seu centro remátao de primeiras Nolito marcando o seu segundo gol. O segundo tempo empezou con outra grande intervención de Sergio, despexando a saque de esquina, un tiro do ex céltico Oriol Riera. O Celta respondeu cun centro de Jonny dende a dereita e o remate de Krohn-Dehli de volea sae fóra rozando a escuadra. No minuto 68 sae Bermejo e entra Santi Mina. Despois retirábase do terreo de xogo Augusto e entraba Madinda, minuto 71. Outro paradón de Sergio a Oriol Riera e o Celta perdoa nunha tripla ocasión, primeiro Aurtenetxe, despois Santi Mina e por último Orellana. Aos 75 minutos producíase o debut en competición oficial do xogador do filial David Goldar que entraba por Fontás. Oriol Riera tivo outra oportunidade pero volveuse encontrar cun Sergio maxistral. Suma e segue e xa estamos oitavos.
Ficha:
Alineación: Sergio; Jonny, Íñigo López, Fontás (Goldar, 75'), Aurtenetxe; Augusto (Madinda, 71'), Oubiña, Krohn-Dehli; Orellana, Bermejo (Santi Mina, 68') e Nolito.
Goles: 0-1, Nolito (20'). 0-2, Nolito (33').
Colexiado: Gil Manzano. Amonestou a Jonny.
Estadio: O Sadar, 18.300 espectadores.
Puntuación:
  • Sergio. Impresionante. 12.
  • Jonny. Firme. 5.
  • Íñigo López. Seguro. 5.
  • Fontás. Competente. 5.
  • Aurtenetxe. Ben. 5.
  • Augusto. Loita. 5.
  • Oubiña. Normal. 5.
  • Krohn-Dehli. Intenso. 6.
  • Orellana. Asistente. 14.
  • Bermejo. Traballo. 5.
  • Nolito. Goleador. 15.
  • Santi Mina. Aprobado. 4.
  • Madinda. Aire. 4.
  • Goldar. Debutante. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario