jueves, 27 de marzo de 2014

Liga, xornada 30: Barcelona 3 - Celta 0

O Celta perde por tres goles a cero ante un Barcelona moi superior, sobre todo no primeiro tempo, mostrando unha vez máis a súa fraxilidade defensiva.
Jonny foi o mellor no encontro de onte
O partido empezou coa novidade no lado esquerdo da defensa, Jonny xogou de central e Aurtenetxe como lateral. No primeiro tempo o Barcelona puido sentenciar e nada máis comezar gol de Messi anulado por fóra de xogo. Na seguinte xogada chega o primeiro gol, nun posible fóra de xogo de Alexis (moi dubidoso), era o minuto 5 de partido. Outra ocasión moi clara do Barcelona. Despois paradon de Yoel a Messi. A continuación a "cagada" do colexiado Ayza Gámez que sinala penalti por man de Adriano e logo rectifica e a pita fóra da área (a man é fóra da área, pero tamén os dous penaltis que lle pitou a favor ao Almeria no partido do luns, demostrando que cando é un penalti en contra dun grande si se pode rectificar). A falta a lanza Orellana e atrápaa Valdés sen problemas, pero rómpese o ligamento cruzado do seu xeonllo e é substituído polo excapitán do Celta Pinto. No minuto 29 o Barcelona marcaba o 2-0 nun fallo de Aurtenetxe ao tirar o fóra de xogo. Ata o final do primeiro tempo só podemos destacar a lesión de Cabral (escordadura no seu nocello esquerdo) que foi substituído por Íñigo López, era o minuto 37. Na segunda parte o Celta saliu mais centrado, con Jonny de lateral e Aurtenetxe de central, e tivo unha ocasión clara nada máis empezar, centro de Orellana dende a banda esquerda con remate de Augusto ao que Pinto responde cun paradón e o seguinte disparo de Santi Mina o volve parar con outra gran intervención. Saque de esquina do Celta sen perigo, pase en longo do Barcelona e logran o 3-0 ante a falta de contundencia de Fontás e Madinda. O Celta estivo a punto de marcar o gol da honra nunha mala cesión a Pinto que presiona Bermejo recuperando o balón pero este sae fóra por pouco. Despois disparo afastado do Barcelona e gran internada de Jonny pola banda esquerda que saca un gran disparo e despexa Pinto, noutra gran parada. Outra ocasión de Bermejo, que creou máis perigo en cerca de media hora que Santi Mina nos últimos 5 partidos, cun gran remate de cabeza e con outra gran estirada de Pinto. Final do partido e a pensar no Sevilla, onde xa non podemos fallar.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, 37'), Jonny, Aurtenetxe; Madinda, Fontás (Oubiña, 73'), Álex López; Augusto, Santi Mina e Orellana (Bermejo, 63').
Goles: 1-0, Neymar (5'). 2-0, Messi (29'). 3-0, Neymar (66').
Colexiado: Ayza Gámez, aprobado. Amonestou a Hugo Mallo y Augusto.
Estadio: Camp Nou, 67.162 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 5.
  • Hugo Mallo. Cumpridor. 1.
  • Cabral. Lesionado. 2.
  • Jonny. Activo. 7.
  • Aurtenetxe. Inseguro. 0.
  • Madinda. Regular. 0.
  • Fontás. Normal. 1.
  • Álex López. Desaparecido. 0.
  • Augusto. Empeño. 1.
  • Santi Mina. Desapercibido. 0.
  • Orellana. Empeño. 2.
  • Íñigo López. Eficiente. 3.
  • Bermejo. Perigo. 7.
  • Oubiña. Seguro. 3.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario