domingo, 9 de marzo de 2014

Liga, xornada 27: Celta 0 - Atl. Madrid 2

O Celta planta cara ao segundo clasificado pero tira o partido ao lixo en tres minutos, tras dous fallos defensivos.
Mateu Lahoz mostrando a súa chulería ao banco do Celta
A primeira parte foi de dominio absoluto do Celta que tivo a posesión da pelota e reclamou un posible penalti por man dentro da área de Alderweireld. O Atl. Madrid só creaba perigo á contra. As primeiras ocasións foron do Celta, primeiro Nolito e logo foi cun disparo afastado de Álex López que sae pola esquerda de Courtois. Despois comezaba o recital de axudar ao equipo grande por parte do colexiado Mateu Lahoz ao ir a recriminarlle ao banco do Celta o non facer nada, a típica chulería dos árbitros españois. Sigamos co encontro, o Atl. Madrid respondeu cun disparo case dende o medio do campo de Raúl García que non entrou por moi pouco, recordou ao gol de Nayim que deu a Recopa de Europa ao Zaragoza do exadestrador do Celta, Víctor Fernández, ante o Arsenal. A seguinte ocasión foi outra vez do Atl. Madrid nunha contra á que respondeu ben Yoel despexando a pelota tras o lanzamento do atacante e posteriormente Hugo Mallo despexando a saque de esquina, adiantándose a Raúl García, iso si co consentimento do árbitro xa que a contra visitante prodúcese cun roubo de balón que é unha falta de libro sobre Orellana, na que este caradura mira para outro lado para non pitala. Mateu Lahoz tamén amonestou a Charles por non facer nada, condicionando prácticamente todo o encontro a Charles que é un dianteiro que sempre vai ao choque (de feito estaba volvendo tola á defensa visitante), Luis Enrique se decata da actitud do colexiado e lle avisa que se controle xa que senón vaino expulsar (minuto 18). Intentárono dende fóra da área primeiro Oubiña e despois Krohn-Dehli. Despois continua o "recital anti Celta" do colexiado ao non pitar unha man dentro da área de Alderweireld tras un lanzamento dende fóra da área de Hugo Mallo ( a semana pasada estívose a decir que o árbitro non sinalara un penalti claro por man do Atl. Madrid tras disparo de C. Ronaldo, pois esta man é para min idéntica, Hugo Mallo dispara o defensor salta e pégalle no cóbado polo tanto se é penalti a prol do Madrid é penalti a prol do Celta). Logo dirá o sinvergonza de Rafa "non me fodas" Guerrero no lixo de programa deportivo que ten Pedrerol ás tres da tarde que o Celta é o equipo máis favorecido da liga española con 8 puntos regalados polos árbitros, incrible. A última ocasión do primeiro período foi nun centro de Orellana dende a dereita que controla Charles dentro da área, este cede a Hugo Mallo que lla devolve e o remate de Charles o para Courtois realizando unha gran intervención. Na segunda metade o Celta notou o esforzo da primeira metade. O primeiro disparo foi do Atl. Madrid dende fóra da área que se envelena tras tocar nun defensa, pero Yoel reacciona ben e o atrapa. Outro disparo de Raúl García que sae fóra. Paradón de Yoel a disparo de Luis Filipe. Despois chegaron os 3 minutos desastrosos, minuto 61, mal pase de Jonny atrás ante a presión de Koke que llo da a Villa, Fontás non chega a tempo, Yoel sae tarde e Villa marca o primeiro gol. Dous minutos despois centro dende a esquerda, a defensa erra na marcaxe e Villa só volve a bater a Yoel, minuto 63. Outra posible man, esta vez, de Juanfran a centro de Nolito, esta para min non é pero repito se fose Hugo Mallo en vez de Juanfran entón sería penalti clarísimo. No minuto 83 prodúcese a substitución de Villa, este achégase ao colexiado a darlle a man e a Mateu Lahoz só fáltoulle "chuparlle a polla" ao xogador asturiano, que espectáculo tan lamentable. O Celta plántoulle cara ao segundo clasificado pero non temos a pegada dos equipos grandes.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Álex López, Oubiña, Krohn-Dehli (Madinda, 73'); Orellana (Augusto, 59'), Charles (Santi Mina, 67') e Nolito.
Goles: 0-1, Villa (61'). 0-2, Villa (63').
Colexiado: Mateu Lahoz, penoso. Amonestou a Charles.
Estadio: Balaídos, 24.529 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Antonio Hidalgo.
Puntuación:

  • Yoel. Ben. 7.
  • Hugo Mallo. O mellor. 9.
  • Cabral. Seguro. 4.
  • Fontás. Firme. 4.
  • Jonny. Insuficiente. 1.
  • Álex López. Empeño. 2.
  • Oubiña. Momia. 1.
  • Krohn-Dehli. Intenso. 2.
  • Orellana. Regular. 4.
  • Charles. Loitador. 5.
  • Nolito. Non defende. 1.
  • Augusto. Cumpridor. 1.
  • Santi Mina. Desapercibido. 2.
  • Madinda. Empeño. 2.
*Reparto de puntos en estadística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario