sábado, 1 de febrero de 2014

O dianteiro brasileiro Welliton segunda fichaxe do mercado invernal

O dianteiro brasileiro chega procedente do Sao Paulo en calidade de cedido por parte do Spartak de Moscova, equipo propietario do xogador.
Welliton na súa chegada a Vigo no aeroporto de Peinador
Welliton Soares de Morais (22 de outubro de 1986, Conceição do Araguaia, Brasil) empezou a súa carreira como futbolista no Goiás brasileiro xogando 50 partidos e anotando 17 goles, no ano 2006 xogou cedido no Ituano. No ano 2007 deu o seu salto a Europa fichando polo Spartak de Moscova, que pagou 6 millóns de euros, onde xogou ata o 2012 anotando 81 goles en 133 partidos. Na súa etapa en Rusia sufriu unha lesión muscular que o tivo apartado dos terreos de xogo durante 10 meses. Nas tempadas 2009 e 2010 proclamouse pichichi da liga Rusa con 21 e 19 goles respectivamente, o que provocou o interese de equipos como o Arsenal, Liverpool e Porto, que chegaron a ofrecer por él 12 millóns de euros sendo rexeitadas e taxando o xogador en 14 millóns de euros. No ano 2013 xogou cedido no Gremio, onde disputo 13 partidos marcando 2 goles, e no Sao Paulo xogando 23 partidos e marcando 6 goles.
Traxectoria:
  • Goías (2005 / 2007)
  • Ituano (2006)
  • Spartak Moscova (2007 / 2012)
  • Gremio (2013)
  • Sao Paulo (2013)

No hay comentarios:

Publicar un comentario