domingo, 23 de febrero de 2014

Liga, xornada 25: Celta 1 - Xetafe 1

O Celta suma un punto ante o Xetafe, nun partido que foi moi superior e segue coa súa boa racha, cinco encontros sen perder.
Os xogadores do Celta festexan o gol de Rafinha
O Celta saliu algo durmido e o Xetafe o aprovéitou creando as tres primeiras ocasións do partido, a primeira despéxouna Yoel co pé, a segunda saliu fóra e á terceira nun fallo da defensa o Xetafe marcaba o 0-1, era o minuto 20. Tras o gol visitante o Celta espertou e fíxose co control do partido, a pesar do mal partido de Oubiña (que xa ben sendo habitual) no centro do campo e empezou a crear ocasións, a primeira foi de Rafinha cun lanzamento colocado que buscaba a escuadra que para Moyá. A seguinte foi de Orellana que estrelou o balón no longueiro, no lanzamento dunha falta. Despois tívoa Augusto cunha xogada individual, pero o seu potente disparo dende fóra da área sae rozando a escuadra. O Xetafe respondeu nun remate dende dentro da área que parou YoelOrellana volveuno intentar dende fóra da área cun disparo que creo moitas complicacións a Moyá. A segunda parte comezou coa expulsión por dobre amoestación do defensa visitante Lisandro no minuto 51. O primeiro troco do Celta foi Oubiña por Krohn-Dehli e no primeiro balón que toco o danés deullo a Rafinha e este realiza unha gran xogada individual marchando de todos os defensas que lle saen ao seu paso e dende dentro da área bate a Moyá establecendo o empate a 1 no marcador. Outra gran xogada individual de Krohn-Dehli que regatea a tres defensores sacándose un pase para Augusto e o remate do arxentino o despexa Moyá con dificultade. Despois desta ocasión Augusto seria substituído por Nolito. No minuto 78 prodúcese a lesión de Charles entrando Santi Mina no seu lugar. As últimas ocasións foron, como non, do Celta cun disparo de Nolito dende fóra da área que se estrela no pau, era o minuto 90. Xa no desconto pase de Jonny a dentro da área para Álex López, este a controla ben, deixando sentados a dous defensores visitantes pero cando ía disparar só diante do porteiro outro defensor chegando dende atrás despexa o balón. Ao final empate en Balaídos, o Celta suma e segue e xa van cinco partidos sen perder.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto (Nolito, 70'), Oubiña (Krohn-Dehli, 57'), Álex López; Rafinha, Charles (Santi Mina, 78') e Orellana.
Goles: 0-1, Lafita (20'). 1-1, Rafinha (58').
Colexiado: Clos Gómez, mal (sacou 11 tarxetas amarelas e 1 vermella nun partido que non foi nada duro). Amonestou a Jonny, Álex López, Charles, Hugo Mallo e Nolito.
Estadio: Balaídos, 20.565 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex directivo José Carlos Lemos Domínguez e polo abonado Juan Luis Montenegro Gestoso.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. 3.
  • Cabral. Seguro. 4.
  • Fontás. Firme. 4.
  • Jonny. Ofensivo. 3.
  • Augusto. Traballador. 4.
  • Oubiña. Mal. 2.
  • Álex López. Regular. 2.
  • Rafinha. Goleador. 13.
  • Charles. Lesionado. 8.
  • Orellana. Empeño. 4.
  • Krohn-Dehli. Revolución. 8.
  • Nolito. Entoado. 3.
  • Santi Mina. Aprobado. 3.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario