sábado, 1 de febrero de 2014

Liga, xornada 22: Granada 1 - Celta 2

O Celta consegue por primeira vez esta tempada a súa segunda vitoria seguida e mira máis próximo o obxectivo da permanencia. Curiosamente as catro vitorias a domicilio foron en Andalucía.
Augusto no momento de marcar o 1-2
A primeira ocasión do partido foi para o Granada cun disparo que despexa a corner Yoel cunha gran intervención. Na primeira oportunidade o Celta ía poñer o 0-1 nun saque de esquina onde Orellana saca en curto para Rafinha e este rompe ao defensa cunha gran xogada individual, intérnase ata a liña de cal e o seu centro cáelle a Cabral que de cabeza bate a Roberto. Despois do gol o Granada tivo tres ocasións, a primeira cun remate cruzado que sae desviado, a segunda nun remate de cabeza, en fóra de xogo non pitado, ao saque dunha falta que para Yoel e na terceira conseguían o gol do empate nun saque de esquina, concedido por Oubiña que non dá un pase ben nin a un metro, con remate de cabeza de El Arabi con posible falta sobre Cabral. Co empate a un íase chegar ao descanso. A primeira ocasión da segunda metade foi para Noito que se durmiu só ante Roberto e despexou a defensa. A continuación dous penaltis non sinalados, un en cada área, o primeiro de Cabral sobre El Arabi e o segundo por unha man dun defensor do Granada. No minuto 53 Santi Mina substituía a Charles por lesión. O Celta coa entrada de Aurtenetxe por un desaparecido e lamentable Borxa Oubiña fíxose dominador total do medio do campo con Augusto, Fontás (facendo de Oubiña) e Rafinha. Cando todos daban o partido por empate apareceu Krohn-Dehli cunha gran internada na área con pase da morte que o porteiro non acerta a atrapar e o seu rexeite lle cae a Augusto que marca a pracer. 1-2 en Granada e vemos a permanencia máis preto.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Oubiña (Aurtenetxe, 59'), Rafinha; Orellana (Krohn-Dehli, 83'), Charles (Santi Mina, 53') e Nolito.
Goles: 0-1, Cabral (28'). 1-1, El Arabi (40'). 1-2, Augusto (88').
Colexiado: Mateu Lahoz, regular. Amonestou a Cabral, Oubiña, Hugo Mallo e Nolito.
Estadio: Os Cármenes, 13.500 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Defensivo. 3.
  • Cabral. Goleador. 9.
  • Fontás. Cumpridor. 4.
  • Jonny. Sólido. 4.
  • Augusto. Decisivo. 13.
  • Oubiña. Penoso. 0.
  • Rafinha. Grande. 11.
  • Orellana. Traballador. 4.
  • Charles. Lesionado. 3.
  • Nolito. Regular. 2.
  • Santi Mina. Loitador. 3.
  • Aurtenetxe. Seguro. 4.
  • Krohn-Dehli. Revulsivo. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario