sábado, 25 de enero de 2014

Liga, xornada 21: Celta 4 - Betis 2

O Celta volve remontar en Balaídos e acaba goleando o Betis por 4 goles a 2, deixando os sevillanos últimos na táboa e a 11 puntos.
Orellana festexando o seu primeiro gol
O primeiro tempo comezou cun Celta durmido e a primeira ocasión de gol foi para o Betis no lanzamento dunha falta que remata en gol anulado por fóra de xogo de Rubén Castro, o árbitro equivócase. A segunda ocasión tamén foi para o Betis, e esta si rematou en gol, fallo na salida da pelota de Fontás o balón chega á banda dereita do Betis, centran, Batistao en fóra de xogo non chega pero intervén na xogada e Rubén Castro marca a porta baleira, vólvese equivocar o colexiado. Tras o gol, o Celta reaccionou e destrozou ao Betis a base de goles, o primeiro nun centro de Rafinha dende a banda dereita do Celta e cun remate impecable de cabeza de Orellana, poñendo o empate no marcador. No segundo Rafinha ponlle o balón a Hugo Mallo que se coa pola banda dereita e o seu centro remátao tamén coa cabeza Charles dentro da área pequena. O terceiro tanto foi case idéntico ao segundo no centro de Hugo Mallo, despexa mal a defensa o balón cáelle a Charles que cede a Orellana no pico da área pequena e este coloca o balón na escuadra situando o 3 a 1 no electrónico. O Betis respondeu cun remate que se foi a saque de esquina por pouco. A segunda metade foi de dominio visitante pero o Celta cando chegaba creaba perigo e Nolito avisaba estrelando un disparo no pau, e na seguinte ocasión puxo o 4 a 1, tras un mal rexeite da defensa que lle cae a Charles e o seu centro o remata a porta baleira Nolito. O Betis marcou o seu segundo gol no saque dunha falta onde a defensa do Celta se dorme ao igual que Yoel e Rubén Castro marca o seu segundo tanto. Volveuno intentar o Betis nun lanzamento de falta directo de Verdú que sae fóra. Por último o árbitro vólvese equivocar expulsando con cartón vermello directo ao xogador visitante Cedric por unha entrada a rentes do chan sobre Rafinha, xa no tempo de desconto, cunha amarela tería sido suficiente.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Jonny; Alex López (Nolito, 68'), Oubiña, Krohn-Dehli (Madinda, 75'); Rafinha, Charles (Bermejo, +90') e Orellana.
Goles: 0-1, Rubén Castro (16'). 1-1, Orellana (22'). 2-1, Charles (29'). 3-1, Orellana (38'). 4-1, Nolito (72'). 4-2, Rubén Castro (78').
Colexiado: Hernández Hernández, mal. Amonestou a Krohn-Dehli e Orellana.
Estadio: Balaídos, 18.957 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Dúbidas. 2.
  • Hugo Mallo. Perigo. 9.
  • David Costas. Normal. 2.
  • Fontás. Regular. 2.
  • Jonny. Cumpridor. 3.
  • Alex López. Irregular. 4.
  • Oubiña. Ben. 3.
  • Krohn-Dehli. Activo. 3.
  • Rafinha. Calidad. 6.
  • Charles. Pichichi. 13.
  • Orellana. O mellor. 15.
  • Nolito. Goleador. 5.
  • Madinda. Estable. 2.
  • Bermejo. Sen tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario