domingo, 12 de enero de 2014

Liga, xornada 19: Celta 2 - Valencia 1

O Celta consegue 3 puntos vitais para saír do descenso tras unha gran segunda parte na que remontou o gol inicial do Valencia cun dobrete de Charles.
Augusto recibe o premio "Manuel de Castro" ao mellor xogador do ano 2013 antes do comezo do encontro e sucede a Iago Aspas, mellor xogador do ano 2012
A primeira ocasión do partido foi para Augusto cun lanzamento dende fóra da área que despexa Diego Alves. A segunda foi de Charles, tras unha gran xogada de Orellana que sae en velocidade dende o seu campo e na frontal cede a Charles que só ante Diego Alves tira e o porteiro fai un paradón. Na xogada seguinte prodúcese o gol da Valencia, tras un erro de Oubiña no centro do campo e no que o Valencia lanza unha contra, o balón chega á banda dereita, centro e remate de cabeza chegando dende atrás de Parejo fusilando a Yoel. Ao Celta lle sentou mal o gol e na seguinte xogada Yoel salva ao Celta tras un remate de Jonas. A última ocasión do primeiro tempo foi para Rafinha, que controla co peito na banda dereita encara e o seu lanzamento sae rozando o pau con Diego Alves vendido. O Celta saliu enchufado na segunda parte e aos 4 minutos centro maxistral de Rafinha dende a dereita, Charles controla dentro da área pequena e fusila a Diego Alves. A seguinte foi para Orellana que tras unha parede dispara dende a frontal pero o seu disparo o detén Diego Alves. Presión asfixiante do Celta no centro do campo con roubo de Krohn-Dehli que cede a Charles e o seu disparo dende a frontal da área cóase na meta visitante tras rozar no defensa. Outra gran ocasión noutra gran xogada, pase de Santi Mina para Nolito na esquerda, este fai a súa clásica xogada e o seu disparo estrélase na cruceta, o rexeite cáelle a Santi Mina dentro da área grande e o seu disparo a porta baleira sae por enriba do longueiro. O Valencia tivo o empate nunha xogada moi parecida á anterior, centro dende a esquerda con remate ao pau de Bernat, o rexeite cáelle a Canales ao borde da área pequena e o seu disparo tamén sae por enriba do longueiro. A última ocasión foi para Nolito cun lanzamento dende fóra da área con despexa lateral do porteiro Diego Alves. Ao final segunda vitoria da tempada en Balaídos.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto (Nolito, 70'), Oubiña, Alex López (Krohn-Dehli, 70'); Rafinha, Charles (Santi Mina, 79') e Orellana.
Goles: 0-1, Parejo (23'). 1-1, Charles (49'). 2-1, Charles (78').
Colexiado: González González, Regular.
Estadio: Balaídos, 20.007 espectadores. Antes do partido Augusto Fernández recibiu o III Premio Manuel de Castro ao mellor xogador do ano 2013, galardón otorgado polos votos de afección, peñas e prensa. Tamén gardouse un minuto de silencio en memoria de exadestrador Maguregui e do expresidente Jaime Arbones.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Sólido. 4.
  • Cabral. Seguro. 8.
  • Fontás. Tranquilo. 4.
  • Jonny. Cumpridor. 4.
  • Augusto. Incansable. 4.
  • Oubiña. Regular. 3.
  • Alex López. Normal. 3.
  • Rafinha. Asistente. 6.
  • Charles. Goleador. 16.
  • Orellana. Loitador. 9.
  • Nolito. Activo. 4.
  • Krohn-Dehli. Serio. 6.
  • Santi Mina. Gañas. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario