martes, 7 de enero de 2014

Liga, xornada 18: R. Madrid 3 - Celta 0

O Celta perde 3-0 a pesar de poñer o fútbol e ser mellor que o R. Madrid durante máis de 80 minutos. Co 0-0 Charles tivo dúas ocasións clarísimas para cambiar o marcador.
Augusto e Charles despois de ser amonestado o primeiro
O Celta dominou ao R. Madrid todo o primeiro tempo e aos 5 minutos nun pase longo dende a súa área cara a Charles, rematou co disparo deste a saque de esquina tras despexalo Diego López. O Madrid só creaba perigo en individualidades, cun remate de cabeza de Pepe, un disparo dentro da área de Benzema e un disparo afastado de Modric, pero as ocasións máis claras seguían sendo do Celta nun remate de Oubiña a saque de esquina ou nun remate de Rafinha que sae a córner por pouco tras pegar nun defensa. O R. Madrid só conseguía parar ao Celta con continuas perdidas de tempo finxindo lesións para que o Celta tirase o balón fóra e parar o contragolpe ou facendo faltas, xa que como sempre o árbitro non sacou nin unha amarela ao R. Madrid e en cambio 2 ao Celta. O segundo tempo comezou como o primeiro, dominio do Celta e o R. Madrid só creaba perigo en individualidades de Isco e Jese ao que Yoel respondía con tranquilidade, pero a xogada máis clara a volveu a ter Charles a pase de Rafinha que se prantou, outra vez, só ante Diego López e con toda a portería para marcar a tira fóra, e como acontece sempre ante os grandes se perdoas o pagas e na seguinte xogada marca Benzema de churro e con posible falta de C. Ronaldo a Hugo Mallo. O Celta respondeu cun disparo de falta de Nolito que saliu fóra por pouco. Despois disto C. Ronaldo tivo dúas ocasións de gol e a segunda, a diferenza de Charles, a meteu, 2-0. O Celta non se veu a baixo e puido acurtar distancias cun remate de cabeza de Cabral a pase de Krohn-Dehli. Xa no desconto a defensa se dorme e o equipo local marca o 3-0. Aínda que o máis importante do partido para a "prensa española manipuladora" foi que no minuto 64 Di María ao ser substituído tocouse os collóns durante 2 segundos.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Cabral, Jonny; Augusto (Nolito, 68'), Oubiña, Alex López (Krohn-Dehli, 60'); Rafinha, Charles (Santi Mina, 76') e Orellana.
Goles: 1-0, Benzema (65'). 2-0, C. Ronaldo (82'). 3-0, C. Ronaldo (+90').
Colexiado: Álvarez Izquierdo, mal. Amonestou a Alex López e Augusto.
Estadio: Santiago Bernabéu, 75.200 espectadores. Antes do encontro gardouse un minuto de silencio en memoria do xogador portugués Eusebio.
Puntuación:
  • Yoel. Regular. 2.
  • Hugo Mallo. Ben. 2.
  • David Costas. Tranquilo. 6.
  • Cabral. Serio. 7.
  • Jonny. Sólido. 2.
  • Augusto. Loitador. 3.
  • Oubiña. Traballo. 2.
  • Alex López. Amonestado. 4.
  • Rafinha. O mellor. 9.
  • Charles. Mal. 2.
  • Orellana. Gañas. 2.
  • Krohn-Dehli. Activo.1.
  • Nolito. Iregular. 1.
  • Santi Mina. Desapercibido. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario