lunes, 26 de agosto de 2013

Liga, xornada 2: Betis 1 - Celta 2

O Celta gaña no Benito Villamarín gracias á impresionante actuación do porteiro Yoel con máis de 6 paradas de mérito.
Charles e Nolito, os autores dos goles, festexan o primeiro tanto
Nos primeiros 45 minutos o Celta estivo nefasto, tanto en defensa coma en ataque, a excepción do porteiro Yoel, que tivo o seu partido soñado na primeira división. Aos 4 minutos empeza o seu repertorio de paradas a un disparo de falta de Verdú, no minuto 13 paradón a un remate a queiarroupa de Paulao, 2 minutos despois outra gran intervención a disparo de Cedric, que no minuto 18 tivo outra ocasión pero lanzou fóra. Cando parecía que Yoel estaba batido, Molina estrelouna no longueiro (23'), pero Yoel aínda tería que intervir en dúas ocasións máis, unha tras un erro no pase de Krohn-Dehli que lle deu o balón a Molina (33') e a outra nun potente disparo dende fóra da área de Nosa (39'). O Celta só creou perigo ao final do primeiro tempo nun disparo de Nolito a pase de Charles. A segunda metade empezou co Celta do partido do Espanyol e tivo dúas ocasións de gol moi claras, un remate de cabeza de Charles a centro de Toni que se estrelou no pau e outro de Krohn-Dehli a pase de Augusto que diante do porteiro no centro da área pequena non atina a rematar. Despois Cedric para o Betis e Cabral para o Celta puideron marcar en xogadas de estratexia pero remataron fóra. Aos 66 minutos, pase de Nolito a Charles (en posición de fóra de xogo) que este controla e remata a gol. No minuto 74 disparo de Augusto dende a dereita que se converte nun centro que controla Nolito encara e marca o 2-0. A partir de aqui, o adestrador do Celta, Luis Enrique, para asegurar e que non acontecese o da semana pasada fixo debutar ao canteiran de 18 anos, David Costas, e puxo en práctica o 5-3-2 da pretempada. O Celta tiña controlado o partido ata que o árbitro expulsou por dobre amoestación a oubiña por unha man involuntaria no minuto 85. No minuto 90 marca o Betis e na última xogada do partido, como aconteceu contra o Espanyol, o Betis puido marcar pero ao igual que o conxunto catalán volveu a errar esta vez ao estrelar a pelota no pau.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Toni; Alex López (Madinda, 83'), Oubiña, Krohn-Dehli (Rafinha, 62'); Augusto (David Costas, 77'), Charles e Nolito.
Goles: 0-1, Charles (66'). 0-2, Nolito (74'). 1-2, Rubén Castro (90').
Colexiado: Prieto Iglesias. Mal, non pitou un penalti a favor do Betis por man de Charles no primeiro tempo, deu por legal o gol de Charles e expulsou inxustamente a Oubiña. Amonestou a Krohn-Dehli, Rafinha e Hugo Mallo, expulsou por dobre amarela a Oubiña.
Estadio: Benito Villamarín, 29.633 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Espectacular actuación. 11.
  • Hugo Mallo. Regular, sobretodo en ataque. 2.
  • Cabral. Regular, aínda que foi o mellor na defensa. 3.
  • Fontás. Mala actuación. 2.
  • Toni. Regular, sobretodo en defensa. 3.
  • Alex López. Desaparecido. 2.
  • Oubiña. Mal. 0.
  • Krohn-Dehli. O seu peor partido. 2.
  • Augusto. Loitador. 6.
  • Charles. Moi grande. 12.
  • Nolito. Gran partido. 13.
  • Rafinha. Normal. 1.
  • David Costas. Debutante. 2.
  • Madinda. Case inédito. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario